Non tes que escribir todo isto. Simplemente le e pensa, co libro diante, se o que di cada enunciado é certo ou non. Mañá comentámolo na clase entre todos. Fíxate ben no que di, e non o que ti pensas que di a primeira vista. Le con calma, non te deixes levar polas apariencias...
1º- MAGALLÁNS E ELCANO DERON XUNTOS A PRIMEIRA VOLTA AO MUNDO.
2º- CO DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA INICIOUSE A IDADE MODERNA.
3º- TODOS OS EUROPEOS BORDEARON A COSTA AFRICANA PARA INICIAR NOVOS CONTACTOS COMERCIAIS.
4º- A IDADE MEDIA ESTENDEUSE ATA O ANO 1789.
5º- OS MONARCAS AUTORITARIOS DELEGARON O GOBERNO NOS NOBRES.
6º- O PAPA ALEXANDRE CONCEDEU A ISABEL E FERNANDO O TÍTULO DE CATÓLICOS NO ANO 1492.
7º- OS REIS CATÓLICOS TIÑAN UNHA CORTE ITINERANTE.
8º- FILIPE II ESTABLECEU A CORTE EN MADRID EN 1561.
9º- ENTRE OS REIS CATÓLICOS E FILIPE II GOBERNOU CARLOS I DE ESPAÑA E V DE ALEMAÑA.
10º- ENTRE OS ANOS 1478 E 1496 OS REIS CATÓLICOS CONTINÚAN A EXPANSIÓN DE CASTELA POLAS CANARIAS.
11º- NAVARRA FORMOU PARTE DOS REINOS HISPÁNICOS EN 1512.
12º- ANDRÉS BERNALDÍNEZ FOI O CRONISTA DOS REIS CATÓLICOS E ESCRIBIU CÓMO FOI A CONQUISTA DE GRANADA.
13º- SAN JORGE DE LA MINA ESTÁ NA COSTA DO GOLFO DE GUINEA.
14º- NO EXTREMO SUR DE ÁFRICA ESTÁ O CABO DE BUENA ESPERANZA.
15º- CEILÁN É UNHA ILLA PRÓXIMA A CALICUT.
16º- FRANCISCO PIZARRO CONQUISTA O IMPERIO AZTECA EN 1521.
17º- HERNÁN CORTÉS CONQUISTA O IMPERIO INCA EN 1533.
18º- GRAZAS A O APOIO DOS REIS CATÓLICOS COLÓN CONSEGUIU UNHA NAO, DÚAS CARABELAS, ALIMENTOS, ARMAS E MARIÑEIROS.
19º- AS ILLAS DAS MOLUCAS ERAN CHAMADAS TAMÉN AS ILLAS DAS ESPECIES .
20º- OS PORTUGUESES CHEGABAN Á INDIA POR ORIENTE.
21º- COLÓN QUERÍA CHEGAR A INDIA POR OCCIDENTE.
22º- OS ARQUIPÉLAGOS DE CANARIAS, MADEIRA, CABO VERDE ERAN MOI IMPORTANTES PARA NAVEGAR ÁS INDIAS.
23º- A CARABELA EXPERIMENTOU MELLORAS NAS VELAS E NAS ADEGAS.
24º- BARTOLOMÉ DÍAS ERA UN NAVEGANTE PORTUGUÉS QUE CHEGOU ATA O CABO DE BUENA ESPERANZA E DEU A VOLTA PARA PORTUGAL.
25º- VASCO DA GAMA COMPLETOU A RUTA DE BARTOLOMÉ DÍAS CHEGANDO ATA CALICUT.
26º- NA PÁXINA 102 DO LIBRO VEMOS UN COMPÁS DOURADO ONDE SE MOSTRAN OS PLANETAS.
27º- UN ASTROLABIO ERA UN INSTRUMENTO DE NAVEGACIÓN.
28º- O FIRMAMENTO E AS ESTRELAS ERAN A GUÍA PARA OS MARIÑEIROS EN ALTA MAR.
29º- NA PÁXINA 104 O LIBRO TEN UN ERRO PORQUE COLÓN CHEGOU A AMÉRICA O DOCE DE OUTUBRO DE MIL CATROCENTOS NOVENTA E DOUS.
30º- NON SE COÑECE CON EXACTITUDE A ORIXE DE COLÓN.
31º- CANDO MORREU COLÓN AÍNDA NAIDE SABÍA QUE DERA CUN CONTINENTE QUE SE EXTENDÍA DO POLO NORTE A O POLO SUR.
32º- A ÚNICA NAVE QUE CHEGOU A SEVILLA E DEU A PRIMEIRA VOLTA A O MUNDO CHAMÁBASE VITORIA.
33º PARA DAREN A PRIMEIRA VOLTA A O MUNDO O PORTUGUÉS FERNANDO DE MAGALLÁNS IBA A O FRENTE DA EXPEDICIÓN ,CANDO REINABA EN ESPAÑA FILIPE II.
34º- MAGALLÁNS SAÍU DE SEVILLA O DÍA DEZ DE AGOSTO DE MIL CINCOCENTOS DEZANOVE.
35º- ELCANO CHEGOU A SEVILLA O DÍA SEIS DE SETEMBRO DE MIL CINCOCENTOS VINTEDOUS.
36º- O NOVO CONTINENTE LEVA O NOME DE AMÉRICA EN HONOR DUN CARTÓGRAFO ITALIANO.
37º- OS MARIÑEIROS DESEMBARCARON NA ILLA DE SAN SALVADOR CANDO COLÓN FIXO A PRIMEIRA VIAXE.
38º- MAGALLÁNS MORREU NAS ILLAS FILIPINAS O DÍA VINTESETE DE ABRIL DE MIL CINCOCENTOS VINTEÚN.
39º- COLÓN MORRE EN MIL CINCOCENTOS SEIS.
40º- OS AZTECAS ERAN AGRICULTORES, ARTESÁNS E CERAMISTAS.
41º- OS INCAS VIVÍAN NO ALTIPLANO DO PERÚ E O SEU EMPERADOR ERA O INCA QUE QUERE DICIR FILLO DO SOL.
42º- OS INCAS FIXERON UNHA EXTENSA REDE DE CAMIÑOS POLOS QUE TRANSITABAN CARAVANAS DE LLAMAS E OS CORREOS.
43º- VIRACOCHA ERA O CREADOR DO UNIVERSO PARA OS AZTECAS.
44º- TANTO OS INCAS COMO OS AZTECAS ERAN POLITEÍSTAS PORQUE CRÍAN EN MOITOS DEUSES.
45º- A OS POBOS QUE VIVÍAN EN AMÉRICA ANTES DA CHEGADA DE COLÓN SE LLE CHAMAN PRECOLOMBIANOS.
46º- OS ESPAÑOIS FORON AS AMÉRICAS BUSCANDO OURO E PRATA PARA ACUÑAR MOEDA E ENRIQUECERSE.
47º- COLÓN BUSCABA UNHA NOVA RUTA COMERCIAL CARA ÁS INDIAS POLO ATLÁNTICO , QUE ERA UN OCÉANO NON EXPLORADO.
48º- OS PORTUGUESES FACÍAN VIAXES PRETO DA COSTA ONDE FACÍAN INTERCAMBIOS COMERCIAIS.
49º- PARA OS INDIOS DA AMÉRICA OS ESPAÑOIS FORON UN MISTERIO ATA QUE VIRON QUE ERAN MORTAIS COMA ELES.
50º- NO RENACEMENTO SUCEDERON IMPORTANTES AVANCES CIENTÍFICOS E CAMBIOU A MENTALIDADE E OS GUSTOS DA XENTE.
Xa vin que me faltan acentos, e ata é posible que me quede perdidas letras mal postas... Daste conta?
Se alguén está seguro pode levar un dez se acerta a expresar correctamente todo o que aquí se debería dicir ben.