martes, 3 de febrero de 2015

VERDADEIRO OU FALSO

Non tes que escribir todo isto. Simplemente le e pensa, co libro diante, se o que di cada enunciado é certo ou non. Mañá comentámolo na clase entre todos. Fíxate ben no que di, e non o que ti pensas que di  a primeira vista. Le con calma, non te deixes levar polas apariencias...


1º- MAGALLÁNS E ELCANO DERON XUNTOS A PRIMEIRA VOLTA AO MUNDO.

2º- CO DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA INICIOUSE A IDADE MODERNA.

3º- TODOS OS EUROPEOS BORDEARON A COSTA AFRICANA PARA INICIAR NOVOS CONTACTOS COMERCIAIS.

4º- A IDADE MEDIA ESTENDEUSE ATA O ANO 1789.

5º- OS  MONARCAS AUTORITARIOS DELEGARON O GOBERNO NOS NOBRES.

6º- O PAPA ALEXANDRE CONCEDEU A ISABEL E FERNANDO O TÍTULO DE CATÓLICOS NO ANO 1492.

7º- OS REIS CATÓLICOS TIÑAN UNHA CORTE ITINERANTE.

8º- FILIPE II ESTABLECEU A CORTE EN MADRID EN 1561.

9º- ENTRE OS REIS CATÓLICOS E FILIPE II GOBERNOU CARLOS I DE ESPAÑA E V DE ALEMAÑA.

10º- ENTRE OS ANOS 1478 E 1496 OS REIS CATÓLICOS CONTINÚAN A EXPANSIÓN DE CASTELA POLAS CANARIAS.

11º- NAVARRA FORMOU PARTE DOS REINOS HISPÁNICOS EN 1512.

12º- ANDRÉS BERNALDÍNEZ FOI O CRONISTA DOS REIS CATÓLICOS E ESCRIBIU CÓMO FOI A CONQUISTA DE GRANADA.

13º- SAN JORGE DE LA MINA ESTÁ NA COSTA DO GOLFO DE GUINEA.

14º- NO EXTREMO SUR DE ÁFRICA ESTÁ O CABO DE BUENA ESPERANZA.

15º- CEILÁN É UNHA ILLA PRÓXIMA A CALICUT.

16º- FRANCISCO PIZARRO CONQUISTA O IMPERIO AZTECA EN 1521.

17º- HERNÁN CORTÉS CONQUISTA O IMPERIO INCA EN 1533.

18º- GRAZAS A O APOIO DOS REIS CATÓLICOS COLÓN CONSEGUIU UNHA NAO, DÚAS CARABELAS, ALIMENTOS, ARMAS E MARIÑEIROS.

19º-  AS ILLAS DAS MOLUCAS ERAN CHAMADAS TAMÉN AS ILLAS DAS ESPECIES .

20º- OS PORTUGUESES CHEGABAN Á INDIA POR ORIENTE.

21º- COLÓN QUERÍA CHEGAR A INDIA POR OCCIDENTE.

22º- OS ARQUIPÉLAGOS DE CANARIAS, MADEIRA, CABO VERDE ERAN MOI IMPORTANTES PARA  NAVEGAR ÁS INDIAS.

23º- A CARABELA EXPERIMENTOU MELLORAS NAS VELAS E NAS ADEGAS.

24º- BARTOLOMÉ DÍAS ERA UN NAVEGANTE PORTUGUÉS QUE CHEGOU ATA O CABO DE BUENA ESPERANZA E DEU A VOLTA PARA PORTUGAL.

25º-  VASCO DA GAMA COMPLETOU A RUTA DE BARTOLOMÉ DÍAS CHEGANDO ATA CALICUT.

26º- NA PÁXINA 102 DO LIBRO VEMOS UN COMPÁS DOURADO ONDE SE MOSTRAN  OS PLANETAS.

27º-  UN ASTROLABIO ERA UN INSTRUMENTO DE NAVEGACIÓN.

28º- O FIRMAMENTO E AS ESTRELAS ERAN A GUÍA PARA OS MARIÑEIROS EN ALTA MAR.

29º- NA PÁXINA 104 O LIBRO TEN UN ERRO PORQUE COLÓN CHEGOU A AMÉRICA O DOCE DE OUTUBRO DE MIL CATROCENTOS NOVENTA E DOUS.

30º- NON SE COÑECE CON EXACTITUDE A ORIXE DE COLÓN.

31º- CANDO MORREU COLÓN AÍNDA NAIDE SABÍA QUE DERA CUN CONTINENTE QUE SE EXTENDÍA DO POLO NORTE A O POLO SUR.

32º- A ÚNICA NAVE QUE CHEGOU A SEVILLA E DEU A  PRIMEIRA VOLTA A O MUNDO CHAMÁBASE VITORIA.

33º  PARA DAREN A PRIMEIRA VOLTA A O MUNDO O PORTUGUÉS FERNANDO DE MAGALLÁNS IBA A O FRENTE DA EXPEDICIÓN ,CANDO REINABA EN ESPAÑA FILIPE II.

34º- MAGALLÁNS SAÍU DE SEVILLA O DÍA DEZ DE AGOSTO DE MIL CINCOCENTOS DEZANOVE.

35º- ELCANO CHEGOU A SEVILLA O DÍA SEIS DE SETEMBRO DE MIL CINCOCENTOS VINTEDOUS.

36º- O NOVO CONTINENTE LEVA O NOME DE AMÉRICA EN HONOR DUN CARTÓGRAFO ITALIANO.

37º- OS MARIÑEIROS DESEMBARCARON NA ILLA DE SAN SALVADOR CANDO COLÓN FIXO A PRIMEIRA VIAXE.

38º- MAGALLÁNS MORREU NAS ILLAS FILIPINAS O DÍA VINTESETE DE ABRIL DE MIL CINCOCENTOS VINTEÚN.

39º- COLÓN MORRE EN MIL CINCOCENTOS SEIS.

40º- OS AZTECAS ERAN AGRICULTORES, ARTESÁNS E CERAMISTAS.

41º- OS INCAS VIVÍAN NO ALTIPLANO DO PERÚ E O SEU EMPERADOR ERA O INCA QUE QUERE DICIR FILLO DO SOL.

42º- OS INCAS FIXERON UNHA EXTENSA REDE DE CAMIÑOS POLOS QUE TRANSITABAN CARAVANAS DE LLAMAS E OS CORREOS.

43º- VIRACOCHA ERA O CREADOR DO UNIVERSO PARA OS AZTECAS.

44º- TANTO OS INCAS COMO OS AZTECAS ERAN POLITEÍSTAS PORQUE CRÍAN EN MOITOS DEUSES.

45º-  A OS POBOS QUE VIVÍAN EN AMÉRICA ANTES DA CHEGADA DE COLÓN SE LLE CHAMAN PRECOLOMBIANOS.

46º-  OS ESPAÑOIS FORON AS AMÉRICAS BUSCANDO OURO E PRATA PARA ACUÑAR MOEDA E ENRIQUECERSE.

47º- COLÓN BUSCABA UNHA NOVA RUTA COMERCIAL CARA ÁS INDIAS POLO ATLÁNTICO , QUE ERA UN OCÉANO  NON EXPLORADO.

48º- OS PORTUGUESES FACÍAN VIAXES PRETO DA COSTA ONDE FACÍAN INTERCAMBIOS COMERCIAIS.

49º- PARA OS INDIOS DA AMÉRICA OS ESPAÑOIS FORON UN MISTERIO ATA QUE VIRON QUE ERAN MORTAIS COMA ELES.

50º- NO RENACEMENTO SUCEDERON IMPORTANTES AVANCES CIENTÍFICOS E CAMBIOU A MENTALIDADE E OS GUSTOS DA XENTE.


Xa vin que me faltan acentos, e ata é posible que me quede perdidas letras mal postas... Daste conta?

Se alguén está seguro pode levar un dez se acerta a expresar correctamente todo o que aquí se debería dicir ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario