jueves, 5 de marzo de 2015

QUE É ?

1º- IDADE QUE EMPEZA COA REVOLUCIÓN FRANCESA.

2º- SISTEMA DE GOBERNO QUE NACE A FIN DO XVIII.

3º- NELA ESTABLÉCENSE OS DIREITOS DOS CIDADÁNS.

4º- INTENSO PROCESO AO LONGO DO S XIX.

5º- CLASE SOCIAL CON CAPITAL.

6º- CLASE SOCIAL CUN SALARIO.

7º- FONTE DE ENERXÍA APLICADA ÁS MÁQUINAS E OS MEDIOS DE TRANSPORTE.

8º- ELA FOI TRANSFORMADA INTENSAMENTE POLA INDUSTRIALIZACIÓN.

9º- SOCIEDADE FORMADA POR NOBREZA, CLERO, BURGUESÍA E CAMPESIÑOS.

10º- SOCIEDADE FORMADA POLA BURGUESÍA INDUSTRIAL E CLASE OBREIRA.
..............................................................................................................


11º- LUÍS XIV DE FRANCIA FOI O EXEMPLO MÁXIMO.

12º- CONFLITO BÉLICO PARA BUSCAR REI EN ESPAÑA.

13º- DINASTÍA QUE SE ASENTA EN ESPAÑA CON FILIPE V.

14º- IDADE QUE TERMINA CO DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA.

15º-APLICARONA AS MÁQUINAS E A OS MEDIOS DE TRANSPORTE.

16º- FORMA DE CULTIVO NA IDADE MODERNA.

17º- FORMA DE CULTIVO NA IDADE CONTEMPORANEA.

18º- PERSOAS NAS QUE OS REIS DELEGABAN O GOBERNO DO PAÍS.

19º- PRINCIPAL RIQUEZA DE CASTELA.

20º- A ELA ESTABAN ADICADAS A MEIRANDE PARTE DAS TERRAS DE CASTELA.

............................................................................................................

21º- PARTE DA CARABELA QUE MARCABA A DIRECCIÓN DA NAVE.

22º- OS REIS DE PORTUGAL E CASTELA FINANCIÁRONAS.

23º- O COMPÁS, O ASTROLABIO, OS PORTOLANOS ERAN ISO.

24º- ESTREITO MOI DIFÍCIL DE ATRAVESAR NO CONFÍN DA PATAGONIA.

25º- ALÍ MORRE MAGALLÁNS.

26º- OCÉANO QUE SURCARON AS NAVES QUE MANDABA COLÓN.

27º- MAR NO QUE ESTÁN AS ILLAS QUE DESCUBRÍU COLÓN.

28º- A MAIORÍA DOS AZTECAS ERAN ISO.

29º- BRUNELLESCHI INICIOU A ARQUITECTURA RENACENTISTA CON ELA.

30º- O FIXO PIGAFETTA CANDO IBA NAVEGANDO POLO PLANETA.

............................................................................................................
Cantas máis formas de expresar a información practiques estás conseguindo moitos obxectivos. Les e escribes máis rápido e mellor, comprendes a información, aprendes a expresarte con propiedade, memorizas moitos datos, relacionas persoas, acontecementos, datas,lugares ,etc. En definitiva, aprendes a estudar.

Neste tipo de enunciado a resposta é un substantivo ou un grupo nominal.
Sempre empezas a pista por un sustantivo ou un determinante.
Como xa lle demos unha volta ao tema 8, está ben que sexa do tema completo, e dos que xa coñecemos tamén de antes;  xa non imos ao pé da letra porque coñecemos a información e podemos expresala correctamente coas nosas palabras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario