martes, 27 de enero de 2015

PISTAS EN PUPURRÍ 4

1º- DINASTÍA QUE NOS SÉCULOS XVI E XVII GOBERNOU O IMPERIO ESPAÑOL.

2º- IMPERIO QUE TIÑA POSESIÓNS EN EUROPA, E NOS TERRITORIOS AMERICANOS.

3º- OS GRAVES PROBLEMAS ECONÓMICOS, O DESCENSO DA POBOACIÓN,  E VARIAS DERROTAS MILITARES CONSEGUIRON ESO.

4º- ESTÁ COLOREADO DE LARANXA NO MAPA DE EUROPA DA PÁXINA 118.

5º- A COMEZOS DESE SÉCULO A IGREXA PRECISABA UNHA REFORMA , SEGUNDO UNHA PARTE DA CRISTIANDADE.

6º- ALÍ FOI ESCOLLIDO EMPERADOR CO NOME DE CARLOS V.

7º- LIMA E CUZCO SON DÚAS CIDADES IMPORTANTES DESE VIRREINATO.

8º- ELA DIFUNDIUSE POR TODA ALEMAÑA E A OS SEUS SEGUIDORES CHAMÓUSELLES LUTERANOS OU PROTESTANTES.

9º- MAR NO QUE SE LEVOU A CABO A BATALLA DE LEPANTO.

10º- UNIDADE BÁSICA DO EXÉRCITO DE FILIPE II.

11º- AS GRANDES FAMES, AS EPIDEMIAS E AS GUERRAS IMPLICARON  UN DESCENSO NELA.

12º- AS ARCAS DO ESTADO EMPOBRECÉRONSE PORQUE DALÍ CHEGABA MENOS OURO E PRATA.

13º- ELES NON EXERCÍAN PERSOALMENTE OS LABORES DE GOBERNO.

14º- O IMPERIO ESPAÑOL TIVO O SEU MÁXIMO ESPLENDOR NESE SÉCULO.

15º- CON ESA PAZ TERMINA A GUERRA DOS TREINTA AÑOS.

16º- COR DO CABALO DO DUQUE DE LERMA.

17º- CIDADE QUE SE RENDIU AO ESPAÑOIS EN 1625.

18º- ESE AUSTRIA MORRE EN 1700.

19º- O BARBEITO E A AGRICULTURA TRANSHUMANTE ERAN FONTES DE RIQUEZA DISA IDADE.

20º- A ELABORACIÓN DE PRODUTOS ESTABA Á CARGO DELES.

21º- CONSTRUCIÓN MOI IMPORTANTE NA ECONOMÍA DA IDADE MODERNA.

22º- HOME QUE ESTÁ NO AREAL E CONVERSA CON MERCADORES E COMERCIANTES.

23º- TRABALLABAN AS TERRAS PERO NON ERAN PROPIETARIOS DELAS.

24º- CINCO OFICIOS QUE DESEMPEÑABA O POBO RASO.

25º- SEIS CARGOS QUE DESEMPEÑABAN OS PRIVILEXIADOS.


Procura facer as túas pistas no teu caderno para estudalas e levar un dez. Estas non é obrigado que as copies, con que as saibas é suficiente. O importante é que fabriques as túas pistas a partir do texto, despois dunha lectura atenta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario